song lyrics / Dakidarria / Pobo de Artistas lyrics  | FRen Français

Pobo de Artistas lyrics

Performer Dakidarria

Pobo de Artistas song lyrics by Dakidarria official

Pobo de Artistas is a song in indeterminate language

Somos un pobo de artistas
e traemos unha mensaxe
sempre contra o poder,
non nos van facer desaparecer.

Somos rebeldía sumerxida
somos cultura popular
somos o pobo que canta e que non morrerá xamais
son melodias que nacen do peito
e voan ceibes coma un cormorán
pequenas e humildes historias desta terra e deste mar.

Pasan os anos e seguimos cantando
sentindo a musica coma un xeito de dar voz
de non calarnos e de animarnos
neste camiño que nos tocou vivir
somos o pobo que tragou o autoodio
tamen a herdanza de quen loitou por nós
e todas xuntas coma unha familia
multiplicamos melodias e cancións.

As que nos deron por mortas deben saber que fomos quen
de rexurdir e florecer unha e outra vez
e trala longa noite de pedra alguen montara unha festa rave
eramos nós preparandonos para construir a escena.

Somos un pobo de artistas
e traemos unha mensaxe
sempre contra o poder,
non nos van facer desaparecer.

Loita claro que si pero festa tamen
somos as encarregadas de darche iso
e asi construimos pasiño a pasiño
a liberdade e os sorrisos.

Nunca houbo ninguén que nos pagara nada
isto é traballo de raiz made in feito na casa
musica labrega obreira e orgullosa
isto é cousa nosa.

As que nos deron por mortas deben saber que fomos quen
de rexurdir e florecer unha e outra vez
e trala longa noite de pedra alguen montara unha festa rave
eramos nós preparandonos para construir a escena.

No medio da rave cunchas e sintetizadores,
bombo e caixa, pandeiro e culler.
Dunha peneira ghastada faremos unha pandeireta
para cantar a pena e mudar en arte a dor.
Se unha irmá queda calada sacámoslle a copla nós,
se nos tapan a boca tocamos mais forte,
se nos pechan as portas queimámolas
e saltamos por riba do lume 7 veces.

Canta miña compañeira, miña compañeira canta,
canta miña compañeira que o teu cantar ten pegada
uns de aqui e outras de alá
somos moitas mais ca vós
uns de aqui e outras de alá
somos pobo feito nó.

Somos un pobo de artistas
e traemos unha mensaxe
sempre contra o poder
non nos van facer desaparecer.
Lyrics copyright : legal lyrics licensed by Lyricfind.
No unauthorized reproduction of lyric.

Comments for Pobo de Artistas lyrics

Name/Nickname
Comment
Copyright © 2004-2024 NET VADOR - All rights reserved. www.paroles-musique.com/eng/
Member login

Log in or create an account...

Forgot your password ?
OR
REGISTER
Select in the following order :
1| symbol at the bottom of the cloud
2| symbol to the left of the smiley
3| symbol at the top of the trash
grid grid grid
grid grid grid
grid grid grid